Achegámonos ao deseño con profesionalidade e intuición. Buscamos que cada proxecto, cada cliente e cada marca se expresen desde a súa esencia e autenticidade. Facémolo no rural galego, en Meira, porque é a nosa terra e cremos que nela podemos medrar e axudar a agromar novos proxectos.
Traballamos coa simboloxía e as formas simples. Figuras básicas. Baleiros. Atopamos inspiración nos pequenos matices.
Embarcámonos en cada novo proxecto con verdadeira curiosidade, como se fora a primeira vez. Deixamos que sexan os produtos, marcas, proxectos cos que traballamos os que se expresen. Deseñamos para contar historias, crear identidade e construir confianza visual a través de solucións claras, funcionáis e emocionalmente conectadas.
Ante un mundo saturado de estímulos, o deseño sinxelo é fogar. Buscamos simplificar o complexo e quedar co esencial. Creamos identidades visuais, packaging, cartelería, redes sociais, deseño editorial e máis. Cada peza está pensada con estratexia, intención e estética.
Fuximos da fotografía máis publicitaria e artificial. Encántanos traballar con luz natural, coa mínima intervención, para captar a auténtica beleza do que fotografamos.
A imaxe de produto é moitas veces o primeiro punto e contacto co público. Creamos sesións fotográficas que poñen en valor o produto e o contextulizan, con naturalidade, detalle e unha narrativa visual coherente coa túa marca.
Traballamos no audiovisual dende a dirección de arte para crear espazos e atopar obxetos que contan historias.
0 que din de nós
Deseñamos con persoas,
para persoas. →