espacio íntimo, storytelling
visión, proceso creativo…
sentir sinxelo
Traballar desde o respecto, o coidado e o sentido práctico. Aplicar o deseño para comunicar. Facer bonito. Facer tranquilo. Facer simple o complexo.
Somos un pequeno estudio de deseño de Meira (Lugo). Somos rurais. Habitar o baileirado é convición e pulsión. Necesidade de volver ao lugar ao que pertencemos, de crear dende aquí.
Do local ao global. E o camiño de volta
Villaga nace da man de Tania Villaga, deseñadora gráfica graduada na Universiadde Complutense de Madrid co Premio Extraordinario de Fin de Carreira en 2015.
Dende entón traballa como deseñadora, docente e fotógrafa para pequenas e grandes marcas tanto locais como internacionais. No 2025 crea IN TRE, unha marca de artesanía propia baseada na creación de obxectos de cerámica.
CLIENTES
Acompañamos proxectos con sentido común, cercanía, coidado e consciencia. Cremos no deseño sinceiro, simple, local e inclusivo, e aplicámolo en cada encargo que pasa polas nosas mans.
Colaboramos con marcas de todos os tamaños que buscan apostar por unha maneira de facer consciente.
Equipo
Contamos cunha rede de persoas colaboradoras en diferentes ámbitos para dar resposta a todo tipo de proxectos relacionados coa comunicación e marketing que van máis aló do deseño.
Tania Villaga
Deseñadora gráfica
Valeria Fraguela Prieto
Responsable del Área de Logopedia
Bibiana Ramón López
Responsable del Área de Terapia Ocupacional
Lucía López González
Responsable del Área de Neuropsicología
REDE
Contamos cunha rede de persoas colaboradoras en diferentes ámbitos para dar resposta a todo tipo de proxectos relacionados coa comunicación e marketing que van máis aló do deseño.
